A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia incrementou nun 50 % as prazas financiadas nos centros da asociación Ámbar ata chegar ás 69. Deste modo o Goberno galego aporta 53.000 € anuais para financiar dúas prazas máis no centro ocupacional da entidade da comarca do Barbanza. Con esta subida, A xunta destina cada ano máis de 600.000 euros para a financiación das prazas de Ámbar. Fabiola García puxo en valor a dilatada experiencia da entidade ribeirense para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, que recentemente recibiron un premio ao Desenrolo Rural 2021 promovido por Agader.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza