Un total de 30 embarcaciones de todo Galicia se deron cita na trixésimo terceira Regata Mar de Finisterre- VII Trofeo Pitusa Sabín, divididas en tres grupos de competición: ORC 1-2-3, ORC 4-5 e Open. Os dous primeiro optaban ao trofeo presidencial.
Tras unha primeira xornada de competición protagonizada polo escaso vento e a densa néboa, disputouse un trazado costeiro de menos millas polo interior da ría, con dúas voltas para os Grupos do Trofeo presidente e unha para os Open, resultando como líderes eventuales o Urbapaz, Kanal e Entropia.
Logo do segundo día na auga, a mañá dominical deparou moi boas condicións para a navegación a vela, cun compoñente que acomodaba seu eixo no noroeste. Na división agrupada dos ORC 1-2-3, vencía Urbapaz, de Fran Edreira, do club Marítimo La Penela, que tamén se facía coa xeral do Mar de Finisterre- Trofeo Pitusa Sabín, e a segunda proba puntuable do Trofeo Presidente Xunta de Galicia. Nos ORC4-5, o Sadamar Alma do Mar, de José Enríquez, do Club Marítimo La Penela gañaba a Divisón unificada. Por último, nos Opne destacaba a actuación de Atlante, de Ignacio Hermo do Club Náutico de Portosín que se alzaba co primeiro posto.