A sétima edición do Trofeo Pitusa Sabín está a coller forma. A regata que se está a converter nun clásico na comarca conta este ano cun aliciente especial: pasa a ser puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia.
O Real Club Náutico de Portosón volve a encargarse da súa organización. A regata constará de tres probas nas dúas xornadas nas que se celebra cun percorrido costeiro e dous probas ao vento. A primeira xornada desenvolverase o sábado 21 de agosto. Ese día a frota largará amarras dende os pantaláns do Real de Portosín para emprender un trazado costeiro dende o interior da ría de Muros e Noia con dúas alternativas dependendo do tamaño e capacidade vélica dos veleiros. A clase regata e cruceiro regata percorreán case 40 millas náuticas, mentres que a de cruceiro será de 10 millas náuticas.
O domingo 22 de agosto desputaranse os percorridos de vento que chegarán ás 6 e oito millas. Isto dependerá das condicións de mar e vento no interior da ría de Muros e Noia.