O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou o pasado venres Porto do Son, concello beneficiado da primeira fase do Plan de Pastos de Galicia que busca a creación de pasteiros para aumentar a base territorial das explotacións ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. Durante a visita supervisou os traballos realizados neste monte veciñal, en concreto nos lugares de Raña, Calvelle e Udres. En total, nesta localidade coruñesa executáronse pasteiros en case 31 hectáreas, cun orzamento próximo aos 145.000 euros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza