Durante a pasada semana concluíron as obras correspondentes coa primeira fase da mellora do acceso na contorna do CEP Salustiano Rey Eiras, a cal consistiu nunha reposición do firme e beirarrúas en varios tramos desas inmediacións. A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación da Coruña, cun custe do proxecto que rondaba os 55.000 euros e que, tras o procedemento de licitación, foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe total de 36.500 euros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza