As embarcacións tomaron a ría de Arousa o pasado sábado. Na XV Regata Gadis triunfaron tres barcos: o Chispetrén, o Mar de Frades e o Arosa VI de José Luis Torres Colomer nas divisións regata, cruceiro-regata e cruceiro. Logo de analizar as condicións meteorolóxicas e de vento, a organización optou por dous percorridos en función do tamaño dos barcos. Os de maior tamaño navegaron 15 millas en direcciñón a Esqueiros por babor, illa de Rúa, baliza do Ter, Maño e volta ao náutico de Ribeira. Os máis pequenos percorreron unha distancia de oito millas xa que non pasaron por Esqueiros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza