O goberno de Porto do Son está a realizar varias obras de mellora no concello. Logo da remodelación da fachada marítima de Porto do Son, tócalle o turno á avenida da constitución de Portosín. O alcalde Luis Oujo sinalou que o 80% do remanente do pasado exercicio será dedicado a ivestir en melloras.
O rexidor local apuntou que hai máis obras pensadas, algunhas delas pendentes da súa licitación. Oujo explicou que as obras teñen que estar rematadas este ano e van a comezar co Plan de Obras e Servicios da Deputación do 2020 e do 2021.