As obras para a construción do Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira adxudicadas pola Xunta por 128.000 euros iniciáronse esta semana. O Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado polo alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, visitou esta mañá o lugar no que se vai emprazar este centro, que permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponde dun xeito seguro.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza