A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe en valor o esforzo inversor de Galicia nos dous últimos anos para a renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas, que supón un investimento de 10 millóns de euros. Esta modernización inclúe cinco embarcacións, catro patrulleiras lixeiras que xa están en funcionamento no servizo e unha de altura que está en construción e que se prevé que este ano substitúa á Paio Gómez Chariño.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza