A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo , impulsou para o Entroido deste ano o concurso fotográfico Choqueirada na casa. Trátase dunha alternativa que conxuga o desfrute desta tradición co feito de pór en valor a recuperación da figura do choqueiro respectando as medidas sanitarias adoptadas debido á COVID-19.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza