O Concello de Boiro está a realizar obras nas instalacións deportivas da Cachada. En concreto, as obras que se están a executar son para a reparación e substitución dos falsos teitos dos corredores da instalación e do vaso da piscina municipal. A actuación, que conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña, consta dun orzamento total de 84.710,02 euros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza