A Real Federación Galega de Fútbol, e en xeral o fútbol galego, están a colaborar de maneira directa e decidida no control da propagación da pandemia. Hoxe máis que nunca o fútbol é un espazo seguro cun risco moi baixo de contaxio. Un risco que se reduce de maneira extraordinaria grazas ao esforzo que se está a facer en todos os estamentos do fútbol, desde as federacións española e galega, pasando polos clubs e deportistas (xogadores e árbitros) e rematando en todos e cada uno dos sanitarios que están a colaborar cos equipos na realización das probas Covid.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza