A Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid-19 de Ribeira reuniuse para adoptar novas medidas para aplacar os efectos do recrudecemento da pandemia e moi en especial para artellar o dispositivo anticovid nos cemiterios municipais de cara a próxima celebración dos Días de Todos os Santos (domingo 1 de novembro) e Día de Defuntos (luns de novembro).
A este último respecto, dispúxose que durante os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro o horario de apertura dos dous cemiterios de competencia municipal (Santa Uxía e Palmeira) será provisionalmente de 8 a 22.30 horas en cumprimento coa limitacións establecidas onte coa declaración do Estado de Alarma e sempre a expensas do que decida a Xunta de Galicia sobre a posibilidade de aumentar ou reducir unha hora no toque de queda.