O Consello da Xunta autorizou hoxe a concesión dunha axuda de máis de 7 millóns de euros por parte da Consellería do Mar á empresa Frigonor Coldstore para a construción e posta en marcha dunha fábrica de transformación e conservación de especies procedentes da pesca na Pobra do Caramiñal. Esta axuda supón o 50% do investimento, de máis de 14 millóns de euros, a distribuír nas anualidades 2020 e 2021 e con este proxecto a empresa prevé crear máis de 30 empregos directos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza