O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova Comisión de
Seguimento da Evolución do COVID-19 para ver como se está xestionando a
situación desde os distintos departamentos e como están a funcionar todos os
servizos. Na xuntanza celebrada esta mañá estiveron presentes o alcalde, o
teniente de alcalde, o concelleiro de comercio, o oficial-xefe da Policía Local, o
coordinador de protección civil e a coordinadora de Servicios Sociais.
Na xuntanza falouse da xestión de EPIs dispoñibles para o persoal
municipal. O Concello de Boiro recibiu nos últimos dias algún material de outras
entidades para cubrir as necesidades básicas do persoal con máscaras, luvas
e desinfectantes. A prioridade do Concello é cubrir as necesidades do persoal
municipal que está traballando, con especial incidencia nas persoas que se
encargan da recollida de lixo, servizos de limpeza e desinfección, asistencia a
persoas en situación vulnerable…
O Concello de Boiro está en contacto coas autoridades sanitarias e
tamén con distintas entidades e asociacións locais para que, no caso de que
precisen de algún material se lle poida facilitar. Nesta semana está organizada
xa a distribución de material a algunhas entidades que o demandaron.
O departamento de Servicios Sociais está a recibir cada vez máis
demandas de persoas e familias que precisan do Servicio de Asistencia a
Persoas en Situación de Vulnerabilidade, neste momento estase prestando
servicio ás familias que o demandaron. Para iso, o persoal de traballo social fai
unha valoración previa para ver as necesidades que ten a persoa ou persoas e
poder prestarlle un servicio acorde coas necesidades. Desde o departamento
de servicios sociais están tamén en contacto coas autoridades sanitarias para
facer un seguimento de todas aquelas persoas con positivo que están
recuperándose nas súas casas.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza