A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convocará ao longo de 2020 diferente liñas de axudas por un importe global de case 5,3 millóns de euros para levar a cabo actuacións de conservación nos espazos naturais de Galicia.
Así o adiantou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que hoxe visitou os traballos realizados no lugar de Casalnovo, en Ribeira, grazas a unha axuda de convocatorias anteriores.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza