Tralo paso da borrasca Brendan hoxe continuaron as labores de limpeza e reparación dos danos ocasionados, e son cuantiosos, vivendas asolagas e danos en muros e estradas. A comarca do Barbanza levouse a peor parte, caeron uns 100 l/m2, e asolagaron practicamente todo o municipio, se ben Corrubedo, Artes e Olveira levaron a peor parte. En Artes o desbordamento do río Arlés provocou asolagamentos nos baixos, e fincas, ata un metro de altura chegou a auga nesta zona, que se converteu nunha inmensa lagoa. Corrubedo quedará illado ata o luns.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza