O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, incorporou hoxe tres novos vehículos á súa frota para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recepcionou os tres vehículos hoxe nun concesionario en Santiago.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza