A proba organizada polo Club Atletismo Noia coa colaboración co Concello recollerá alimentos para as persoas usuarias dos servizos de Cáritas na localidade.
A San Silvestre, que non ten carácter competitivo, comezará na Alameda ás 17:00 horas do martes 31 de decembro. Percorrerá a zona antiga de Noia para proseguir polo paseo marítimo e retornar ata a Casa do Concello. En total son uns tres quilómetros aptos para que os percorran todo tipo de participantes, independentemente da súa condición física.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza