Na quenda da mañá do 10 de decembro de 2019, cando a policia local de Rianxo realizaba un control preventivo de tráfico no lugar de Rianxiño (Rianxo), no marco da campaña de vixilancia do consumo de alcol e drogas na condución da DXT, na que están a participar, detectou un vehículo cuxo condutor,veciño de Boiro, carecía de permiso de conducir por perda total de puntos, constándolle numerosos antecedentes por feitos similares.
Os axentes procederon á instrución de dilixencias penais e á súa investigación por un delito contra a seguridade do tráfico.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza