O Pavillón do CEIP o Grupo de Ribeira foi escenario esta mañá do espectáculo Ekilibuá-Cía Maintomano no que se desenvolveron xogos de construcción de plataformas diferentes. A ver quen sube máis alto… Fusión de teatro cos portes acrobáticos, o lanzamento de cóitelos, os equilibrios e a manipulación de obxectos. Espectáculo que acadou máis dun premio de teatro de rúa. Público Infantil e Familiar.
Foron varios centos de nenos os que, acompañados dos seus pais asistiron á actuación.
A edil de cultura, Fabiola García tamén asistiu ao evento.