A Deputación da Coruña vén de publicar as bases dun novo programa de subvencións destinado aos concellos da provincia para a realización de actividades en materia de medio ambiente durante o ano 2019. O novo programa publicado pola Deputación da Coruña ten coma obxectivo manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña, promovendo o desenvolvemento de políticas respectuosas co medioambiente dende o ámbito municipal. O programa parte cun orzamento consignado de 200.000 euros, ampliables en función das disponibilidades orzamentarias, aínda que o Goberno provincial espera que poda superar o millón de euros durante este exercicio.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza