Ribeira acolleu o domingo a Final Galega de Nada e Corre V Memorial Jesús e Vicente. Unha proba xa consolidada no calendario deportivo galego e na que participaron 90 deportistas nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O Lugo Fluvial alzouse coa victoria, o triatlón Ferrol logrou a segunda praza, e o CN Riveira facíase co terceiro posto.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza