O Concello de Ribeira informa de que hoxe comezaron as obras para dotar dun acceso peonil ao parque de Punta do Castro dende o porto de Castiñeiras.
Operarios da empresa Tarrío y Suárez SL iniciaron hoxe estes traballos, conducentes a mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona a través dunha senda de 85 metros de lonxitude formada por unha estrutura de madeira no tramo portuario e unha beirarrúa de formigón na entrada ao parque.
O prazo de duración das obras é dun mes e comporta un investimento de 22.607 euros.