O mércores 12 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.457 nenas e nenos, o que supón un 0,6 % menos ca no curso 2017/18, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 59.545 alumnos comezarán este 12 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 1,4 % menos ca no curso 2017/18.
Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 4% respecto do curso anterior: