A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo das últimas semanas preto de 14.000 quilos de residuos dos fondos mariños da provincia da Coruña.
Así o comunicou presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do organismo portuario na cidade para facer balance das actuacións de limpeza desenvolvidas.
Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano na provincia da Coruña tivo lugar nos portos de Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas. Este plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables dende o punto de vista ambiental.