Finalizado o prazo de presentación de ofertas, un total de 40 propostas concorreron á licitación dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Barrosas, na parroquia de Carreira.
A zona en cuestión carece de saneamento, existindo unicamente un tramo de pluviais para a canalización de augas superficiais. Así e logo, o proxecto elaborado persegue a instalación dunha rede de saneamento en Barrosas para dar servizo a todos os veciños da zona, comprendendo unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 257 metros de longo e outra SN4 de 250 milímetros de diámetro e 72 de lonxitude. Tamén 13 pozos de rexistro.