O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras do colector interceptor e do tanque de tormentas no Concello de Rianxo, por un importe de 6,5 millóns de euros.
O obxectivo desta actuación hidráulica é resolver os problemas derivados da elevada infiltración de auga nas redes de saneamento do municipio, a través da súa redución mellorando o estado dos colectores principais e a súa xestión grazas á regulación dun tanque de tormentas.