A Xunta iniciará este mesmo ano a construción dunha nova glorieta no acceso ao peirao de Portosín cun orzamento de 500.000 euros
A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, desprazouse ata a casa de cultura de Portosín para presentarlle aos veciños o proxecto de elimninación dun punto de concentración de accidentes na estrada AC-550, concretamente, onde conflúen o acceso ao Peirao pola travesía da Igrexa e a Avenida da Deputación, alí construirase, este mesmo ano, unha nova glorieta que permitirá calmar os tráficos e realizar os xiros de forma máis segura.