O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que o investimento do Grupo Shanghai Fisheries permitirá á conserveira Albo expandir as súas capacidades de produción e exportación e traerá, ademais, novos proxectos para Galicia.
Tras unha xuntanza cos representantes do grupo, Feijóo agradeceu ao presidente da compañía, Pu Shaohua, a oportunidade de coñecer de primeira man a empresa matriz de Conservas Albo.
Feijoo valorou positivamente a decisión da empresa de expandir as capacidades da conserveira galega coa produción de atún, a través dos caladoiros e dos barcos chineses de todo o mundo.