A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou hoxe co decano do Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de Galicia, Herminio Carballido, un acordo para a colaboración na difusión do Programa de vivendas baleiras.
Vázquez Mourelle indica que con este acordo séntanse as bases dunha colaboración para dar a coñecer estes beneficios entre os propietarios de vivendas baleiras para animalos a que as introduzan no programa.
A Xunta de Galicia está a promover e a asinar con todos os Concellos que o solicitan o Programa de vivendas baleiras, uns acordos que pretenden facer dun conxunto de vivendas desocupadas unha bolsa de vivendas sociais. Neste sentido, 32 concellos xa asinaron a súa adhesión ao programa cuxo obxectivo prioritario é crear unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social, incorporando os inmobles de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas contando, para isto, coa colaboración das Administracións locais.