Barbanza

NOIA, A POBRA, MUROS E OUTES REXISTRAN UN LIXEIRO AUMENTO DOS CONTAXIOS, QUE CONTINÚAN EN DESCENSO NA COMARCA

A evolución dos contaxios segue a amosar un descenso dos mesmos na comarca, a pesar do aumento que rexistran algúns concellos. Noia conta con 122 positivos a dúas semanas, catro menos que onte, sen embargo a sete días conta un incremento de oito positivos para un total de 42. Muros non se move dos 91 casos a catorce días mentres que a unha semana suma oito e alcanza os 47. Na Pobra hai 79 contaxios a dúas semanas, seis máis que onte, e 39 a sete días, un aumento de catro. Outes contabiliza tamén un aumento nos dous rexistros. A catorce días ten 54 positivos, dous máis que na xornada anterior, e 23 a unha semana, un incremento de dous positivos.
Ribeira conta con 206 casos a dúas semanas, un descenso de 22, e a sete días ten 76, catro menos. En Boiro hai 115 contaxios a catorce días, unha baixada de 18, e 36 a unha semana, seis menos. Porto do son rexistra unha caída de 11 positivos a dúas semanas ata os 91 e a mantense en 34 a sete días. Rianxo contabiliza 62 casos a catorce días, cinco menos que onte, e 24 a unha semana, un descenso dun caso con respecto a onte. Lousame ten 39 contaxios a dúas semanas, dous menos que onte, e mantense con 20 a sete días.
Galicia encadea unha nova xornada con descenso nos positivos. Nas últimas 24 horas detectáronse 1.224 novos contaxios e hai un total de 16.109 casos activos, 700 menos que onte. As hospitalizacións tamén diminúen. Hoxe hai 419 persoas ingresadas por coronavirus, 15 menos que na xornada anterior. En planta permanecen 390, 17 menos, mentres que en coidados intensivos hai 29 pacientes, dous máis que onte.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.