Lousame

Lousame abre do 16 de marzo ao 15 de abril o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2020-2021

O Concello de Lousame informa de que o período para a reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, centro para menores de 0 a 3 anos, estará aberto entre o próximo luns 16 de marzo e o 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.
As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado). A maiores, no seu caso poderán presentarse: copia cotexada da última nómina ou recibo de autónomos/as, certificación da situación de desemprego, copias cotexadas do título de familia numerosa, do grado de discapacidade ou de pensións (invalidez, orfandade, estranxeiro…) ou informe dos Servizos Sociais sobre a inclusión da familia en Programas de Intervención Familiar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.