As ANPAS de Ribeira poñen en marcha un concurso audiovisual para homenaxear a Alberto Romero

Un concurso audiovisual posto en marcha polas Anpas de Ribeira en colaboración coa Asociación Lajareu por Barlovento e o Concello manterá vivo o recordo de Alberto Romero, un loitador a prol da educación pública no Barbanza, recentemente falecido. O seu traballo colaborando con varias Anpas deixou pegada en Ribeira.
O medio de entrega realizarase a través de Youtube ou Vimeo enviando os datos de inscrición a través dun formulario web en www.eradixital.com/albertoromero. Compre destacar a valoración positiva que se fará de aqueles traballos que estean escritos en galego así como de aqueles que mostren un espírito crítico fronte aos problemas da sociedade actual.
Participan neste concurso todos os centros de primaria (cursos 5º e 6º), secundaria, e centros con diversidade funcional do concello de Ribeira.