A Xunta e a Mancomunidade de municipios de Arousa Norte compartiron a necesidade de maior colaboración para prestar apoio aos concellos na difícil tarefa do saneamento e a depuración das augas

Puxeron en valor ademais a aposta da Xunta por lograr o saneamento integral na ría de Arousa, e o importante esforzo de planificación, programación e investimentos. Lembraron que o control de vertidos de terra ao mar permitiu emendar 130 vertidos contaminantes á ría de Arousa desde o ano 2009