Reformas na aula de estudio do Centro Social de Boiro

O Concello de Boiro vén de facer unha reforma e modificación na aula de estudio do Centro Social de Boiro. A sala, habilitada para a lectura, do primeiro andar contaba cun espazo de biblioteca que estaba en desuso e que limitaba a súa capacidade. O que se fixo foi retirar os estantes para facer unha reorganización do espazo e dar cabida a máis mesas e, polo tanto, que máis xente poida facer uso das instalacións.