Feijóo salienta que a nova iluminación do interior da Catedral de Santiago, xunto á súa rehabilitación integral, contribuirá a celebrar o Xacobeo da mellor Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a nova iluminación do interior da Catedral de Santiago, xunto á súa rehabilitación integral, contribuirá a celebrar o Xacobeo da mellor Galicia.

Durante a sinatura do convenio entre o director da Fundación Iberdrola España, Ramón Castresana, e o Deán-presidente do Cabildo da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, Feijóo resaltou a importancia deste proxecto que permitirá unha reformulación completa da iluminación interior, enxalzando o seu patrimonio –como a tumba do Apóstolo ou Pórtico da Gloria- e atendendo, ao mesmo tempo, ao aforro e a eficiencia enerxética.

more recommended stories