Facenda anuncia que o primeiro que fará a Xunta cando se constitúa o novo Goberno será pedir o pago íntegro dos 700 millóns que lle adebeda a Galicia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou hoxe no Parlamento que o primeiro que fará a Xunta de Galicia cando se constitúa o novo Goberno de España será pedir o pago íntegro dos 700 millóns de euros que lle adebeda a Galicia. E asegurou que “atender esta débeda é o primeiro e máis inmediato asunto da axenda galega que o Goberno ten que cumprir”.

Na súa intervención durante o debate de totalidade do proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade autónoma para o 2020, o titular de Facenda lembrou que o Parlamento galego xa se ten pronunciado en tres ocasións, cun alto grao de consenso, demandando o pago total destes recursos e lamentou que a día de hoxe, o Goberno central “tan só transferise 60 dos 700 millóns que lle debe a Galicia”.

more recommended stories