Presentación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística

O alcalde do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños; o de Rois, Ramón Tojo Lens e a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello de Ames, Escarlata Pampín; así como as persoas responsables dos servizos de normalización destes concellos e mais a do Concello de Pontevedra, reuníronse co secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, co fin de presentarlle a acabada de constituír Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega.