A soprano Esperanza Mara presentará en Noia parte do seu traballo recopilatorio dos cantos de arrolar, Tecendo Soños.

O Coliseo Noela vai acoller a presentación do proxecto Tecendo Soños, no que Esperanza Mara, directora de EmanArte, leva meses traballando. Trátase dun estudo musicolóxico denominado“Tecendo Soños” no que se recollen os cantos de arrolar coa finalidade de preservalos no tempo.