A Consellería do Medio Rural e o Concello de Outes colaboran para mobilizar terras neste municipio

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Outes, Manuel González, para avanzar en diferentes vías de colaboración para mobilizar terras agrarias nesta concello coruñés. Trátase, fundamentalmente, de recuperar terreos co fin de aumentar así a base territorial das explotacións e mellorar así a súa rendibilidade.

Nesta reunión, o rexedor interesouse por distintos proxectos de xestión conxunta e da iniciativa das “aldeas modelo”, que impulsa a Consellería do Medio Rural, con vistas á posible creación dalgún núcleo destas características no territorio municipal. Nas “aldeas modelo” a Xunta executa a limpeza nas franxas situadas preto das vivendas, co compromiso de crear actividade agrogandeira nelas, para que funcionen como devasa natural fronte á ameaza dos incendios.