A Policía Local de Rianxo investiga un veciño da vila por conducir baixo os efectos do alcol

Na quenda da tarde do día de 9 de novembro procedeuse á investigación do condutor dun vehículo por un presunto delito contra a seguridade do tráfico. Foi interceptado nunha pista local da parroquia de Taragoña, comprobándose que presentaba síntomas evidentes de haber inxerido bebidas alcohólicas, e nas probas de alcoholemia que se lle realizaron deu resultados de 0,99 e 1,00 mg/l de alcohol en aire expirado.