O Concello de Noia licita as obras para a recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruiñeiras por case 60.000 euros

O obxecto deste proxecto é recuperar ambientalmente unha zona degradada para o desfrute da veciñanza e consolidar os muros exteriores da antiga fábrica de motores que desenvolveu a súa actividade aló na primeira metade do século XX. A actuación terá lugar na parroquia de Barro, sobre unha superficie de 4.059 metros cadrados do tramo denominado “Marxe esquerda río Tambre ata a ponte da estrada Noia-Boiro”, onde se acometerán traballos de recuperación ambiental e acondicionamento dos terreos deste tramo da costa de Abruñeiras