Feijóo reivindica o legado da Xeración Nós que senta as bases do galeguismo cultural e político no que a exclusión non existe e os brazos están abertos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe o legado da Xeración Nós que senta as bases, dixo, do galeguismo cultural e político no que a exclusión non existe e os brazos están abertos.

Durante o acto de entrega do premio Ourensanía 2019, Feijóo subliñou que agora que a pugna entre globalistas e localistas está provocando procesos políticos e económicos que xa producen efectos inquietantes na estabilidade das nacións e países, e na convivencia dos pobos, pola contra, o galeguismo non di Nós Sós, senón que “aspira a un Nós moi amplo no que a exclusión non existe”, reiterou.

more recommended stories