A violencia e a desigualdade de xénero presentes na actividade a que acudiu a escritora Eva Mejuto

O Centro Cultural Lustres Rivas albergou este fin de semana unha dobre actividade na que servíndose do conto como principal vehículo de sensibilización, a escritora Eva Mejuto quixo facer reflexionar á asistencia en torno á violencia e desigualdade de xénero.A actividade estivo promovida en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero