O profesorado galego irá á folga o 12 de decembro para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo.

Así o anunciaron esta mañá en Santiago membros de todos os sindicatos con representación no ensino (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF). A primeira das accións a realizar será o vindeiro mércores, 13 de novembro. Delegados e delegadas sindicais levarán a cabo unha marcha arredor do edificio da Xunta en San Caetano que finalizará cunha concentración fronte ás instalacións da Consellaría de Educación. Este mesmo mes, o día 21, haberá concentracións unitarias nas sete grandes cidades galegas para amosar o profundo malestar e o cansazo do persoal docente galego ante os ataques e os recortes sufridos na última década.

more recommended stories