Pleno urxente en Rianxo para aprobar a a derogación da ordenanza por ocupación de venta ambulante e a correción do proxecto de mellora da envolvente do Ceip Brea Segade

Coa urxencia da convocatoria de esta sesión extraordinaria xustificada para cumplir prazos de publicación e exposición pública no BOP e solventarse o antes posible, o concello de Rianxo aprobou por unanimidade dos presentes no pleno, Psoe e Bng, a derogación da ordenanza por ocupación de venta ambulante coa finalidade de redactar unha ordenanza nova que solvente as eivas da actual.