Comeza en Boiro o Programa Integrado de Emprego de Galicia “Boiro Emprega”

O Concello de Boiro, xunto coa Conselleira de Economía, Emprego e Industria, pon en marcha o programa Boiro Emprega, que forma parte dos Programas Integrados de Emprego de Galicia. Esta iniciativa ten como obxectivo actuar de maneira efectiva sobre a empregabilidade no municipio e a inserción laboral.