Lousame e Noia van a contar unha vez máis cun novo obradoiro de emprego que formará a un total de 20 persoas na especialidade de aproveitamentos forestais

O alumnado participante neste obradoiro foi recibido no salón de plenos do concello de Lousame polos alcaldes de ambas localidades, Teresa Villaverde e Santiago Freire. A alcaldesa lousamiá quixo destacar a importancia de aproveitar a formación deste tipo de obradoiros, salientando igualmente que se trata dunha gran oportunidade para os alumnos, tanto para formarse como para conseguir novas ofertas laborais