O BOP do 6 de novembro publica o anuncio de desmunicipalización da lonxa de Aguiño

O Pleno da Corporación aprobou inicialmente o expediente de cesamento na municipalización con monopolio do servizo de lonxa de Aguiño-Carreira a petición da propia confraría. O patrón maior explicou os motivos polos que a confraria precisa que a xestión da lonxa pase a ser directa.